O 5 de marzo de 2020 o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitaba o Museo Fernando Blanco e o IES Fernando Blanco de Cee, comprometendo o apoio do ente provincial para manter o legado de Fernando Blanco de Lema. Concretamente asegurou que na próxima modificación de crédito a Deputación fará unha aportación extraordinaria de 18.000 euros para suplir a perda dun patrocinio importante por parte da Fundación, sendo así o obxectivo fundamental colaborar no mantemento e funcionamento do Museo neste periodo de transición.
- https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/deputacion-corrobora-axuda-salvar-ano-fundacion-fernando-blanco/20200306100841118168.html
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2020/03/06/gonzalez-formoso-compromete-apoyo-sostener-legado-fernando-blanco/0003_202003C6C5993.htm
A Deputación Provincial da Coruña aprobou no pleno do venres 26 de marzo de 2021 o convenio coa Fundación Fernando Blanco polo que a institución provincial achegará a cantidade de 18.000 euros para colaborar no sostemento dos gastos de persoal e funcionamento do museo da entidade durante o pasado ano 2020. Esta cantidade supón arredor do 50% dos gastos anuais de funcionamento do Museo Fernando Blanco. O resto dos fondos son achegados polo Concello de Cee. Tal como comprometeu o presidente provincial, Valentín González na visita ao Museo Fernando Blanco do ano pasado, a Deputación destinará estes fondos “a manter o gran legado cultural e educativo que atesoura esta centenaria entidade e que permitiu que a vila de Cee contara a finais do século XIX cos centros educativos gratuítos máis avanzados da época”.
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2021/03/24/deputacion-da-coruna-apoya-fundacion-fernando-blanco-cee-18000-euros/0003_202103C24C6993.htm
- https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cee/deputacion-manten-apoio-fundacion-fernando-blanco/20210323143700125821.html