DSC_0003

BECAS PREMIO 2020-2021

10ª EDICIÓN BECAS PREMIO FERNANDO BLANCO CURSO 2020-2021

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a décima edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao Curso 2020-2021.
Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar una tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de Ciclo Básico; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior).
Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir en algún dos establecementos colaboradores).

Os/As alumnos/as que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.
A cerimonia de entrega dos Premios, celebrarase nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2021 no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco, sempre que a situación epidemiolóxica o permita.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varias entidades e establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con estas Becas Premio.

BASES BECAS PREMIO 2020-2021