PREMIOS ACADÉMICOS FERNANDO BLANCO

Os Premios Fernando Blanco naceron no Curso 2011-2012 cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer o esforzo, dedicación e resultado do alumnado do IES Fernando Blanco de Cee, e por outro recuperar unha tradición histórica da propia Fundación Fernando Blanco, posto que xa nos Regulamentos de 1886 establecíase que os mellores expedientes de cada curso deberían ser premiados. Así, a Fundación, en colaboración co propio IES Fernando Blanco, entrega 5 Premios destinados aos mellores expedientes de 1º de Ciclo Básico, 3º da ESO, 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior. Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir en algún dos establecementos colaboradores). O alumnado que opte a estes Premios deberá ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5. A cerimonia de entrega dos Premios celébrase nun venres do mes de outubro no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco. A dito acto de entrega dos Premios acode o profesorado do IES Fernando Blanco, integrantes do Padroado da Fundación, autoridades, patrocinadores, familias do alumnado agasallado e alumnado de distintos cursos do propio instituto ceense. Trátase dun acto ben fermoso, cunha enorme carga emotiva, no que loxicamente os alumnos premiados son os verdadeiros e xustos protagonistas.