Numerosas foron as colaboracións da Fundación Fernando Blanco con distintos medios de comunicación e revistas co fin de dar a coñecer a figura do fundador, a labor educativa, cultural e social da entidade ao longo de máis dun século de vida, e a riqueza do patrimonio que atesoura.
E numerosas foron tamén as colaboracións con organismos, institucións ou entidades, mediante a cesión de fondos para distintas exposicións celebradas ao longo de toda Galicia (“A noite está varrida da Terra” do Consello da Cultura Galega; “Xulio Verne: Unha viaxe pola Galicia extraordinaria” do Museo do Mar de Vigo: ;”Abrindo os ollos á ciencia: cátedras, gabinetes e laboratorios” do Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago de Compostela; “Antonio Casares. Investigador e Reitor da Modernidade” da Universidade de Santiago de Compostela; “Galicia 100” do Consello da Cultura Galega; etc).
