O MES DA FUNDACIÓN

O Programa Educativo-Cultural “O Mes da Fundación”, que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, estructúrase en dúas seccións que discorren paralelas. Unha sección destinada a tódolos centros escolares de Cee e a tódolos niveis educativos que neles impártense, e un apartado dirixido ao público en xeral. Na sección educativa, centrada no alumnado dos centros escolares de Cee, contamos con contacontos, música, obradoiros ou conferencias, desenvolvéndose os mesmos tanto no Auditorio da Casa da Cultura coma no Salón de Actos do IES Fernando Blanco, ambos recintos de grande aforo e que se enchen na súa totalidade. Na sección cultural, destinada ao público en xeral, contamos con música, teatro ou conferencias desenvolvidas por figuras de primeiro nivel nos seus respectivos ámbitos de traballo. Ao longo das súas edicións pasaron por esta sección os doutores Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Alfonso Mariño ou Carlos Spuch; o neurofisiólogo e divulgador científico Xurxo Mariño; o divulgador e investigador arqueolóxico Manuel Gago; figuras da música da talla de Xavier Díaz, Davide Salvado, Anxo Pintos oo Fernando Fraga; o investigador musical Pablo Carpintero; figuras do teatro como Cándido Pazó, Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín o Paula Carballeira; escritores como Xosé Neira Vilas, Concha Blanco, etc.