PADROADO

Os Estatutos da Fundación Fernando Blanco de Lema establecen, no seu artigo 11 titulado “Composición e organización do Padroado”, que estará composto por 5 membros.  
A día de hoxe, o Padroado da Fundación está formado por:
SONIA BELÉN LÓPEZ BUGEIRO (Directora do IES Fernando Blanco)
DARÍO AREAS DOMÍNGUEZ (Técnico do Museo Fernando Blanco));
DESIRÉ KOUAKOU TANOH (Párroco de Santa María da Xunqueira);
EVA GARCÍA CAAMAÑO (Xuíza de Paz de Cee).

O cargo de Patrón da Fundación Fernando Blanco é un cargo gratuíto, como así se reflexa no artigo 24 dos Estatutos, é dicir, todas as persoas que formaron parte do Padroado dende que se configurou no ano 1960, trala renuncia dos últimos testamenteiros de Fernando Blanco, desenvolveron o seu traballo a prol da entidade sen ningún tipo de remuneración ou compensación económica. É de xustiza, polo tanto, agradecerlles o seu inxente traballo e esforzo encamiñado a que esta institución centenaria siga viva e siga sendo un referente no desenvolvemento educativo e cultural de Cee e comarca.