O mércores 5 de maio, ás 17 horas, tivo lugar o acto telemático de entrega da IX Edición das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ao curso 2019-2020, acto que fora suspendido no seu momento xa que non foi posible celebralo de xeito presencial como viña sendo habitual nas edicións pasadas.
Estas Becas- Premio están organizadas conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee, e contan coa colaboración de varias firmas comerciais (XEAL, Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L.- Mapfre, Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).
Participaron no acto Antonio Hernández Taboada, Secretario do IES Fernando Blanco, Chelo Trillo Lago, Directora do IES Fernando Blanco e Presidenta da Fundación, Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, o alumnado premiado, o Presidenta da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que foi o encargado de pechala cerimonia.
Ademais dos mencionados, asistiron o Secretario Xeral de Educación José Luís Mira Lema, a Inspectora de Educación Magdalena Duarte Blanco, a Alcaldesa e representantes das distintas formacións política do Concello de Cee, os representantes dos establecementos patrocinadores, equipo directivo e profesorado do Instituto, así como tamén familiares dos alumnos/as premiados/as.
Cada unha das Becas-Premio está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
As notas d@s premiad@os desta edición oscilaron entre o 9.75 e o 10.
Os/As 5 alumno/as merecedores das Becas-Premio Fernando Blanco do Curso 2019-2020 foron:
- LAURA CERNADAS GÓMEZ (3º ESO)
- ARI MOURE MARTÍNEZ (1º Bacharelato)
- DARÍO DOMÍNGUEZ DE LA FUENTE (1º Ciclo Básico de Electricidade)
- NEREA SANTAMARÍA FARIÑA (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa)
- CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ DE CASTILLEJO (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas)