BIOGRAFÍA

Fernando Blanco de Lema naceu en Cee o 18 de outubro de 1796. Cando contaba con menos dun ano de idade morreu o seu pai, polo que a súa educación correu a cargo do seu curmán e padriño Fernando Blanco Giance, cura de San Xoán de Mazaricos, ó que debeu as súas sólidas crenzas relixiosas. […]