Arquivos do autor: admin

DSC_0157

CONCURSOS 2017

ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DO IV CONCURSO DE DEBUXOS E DO V CONCURSO DE RELATOS CURTOS DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO DE LEMA DE CEE.

O sábado 8 de xullo, ás 10 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee, o acto de entrega dos premios do IV Concurso de Debuxos e do V Concurso de Relatos Curtos, organizados pola entidade ceense, e que contan, un ano máis, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra de Cee.

Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como por D. Julio López, Xerente da Estación de Servizo Bazarra.

Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690 €.

A relación de premiados, por categorías, quedou así, tralo fallo emitido polo xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee, e José Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán.

CATEGORÍA “A” IV CONCURSO DE DEBUXOS (1º e 2º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, para LUCÍA CAAMAÑO CESPÓN do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para JONATHN LÓPEZ PÉREZ do CEIP O AREAL (CAMARIÑAS).
  • 1º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para PABLO ALEJANDRO PÉREZ DE OLIVEIRA do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).

CATEGORÍA “B” IV CONCURSO DE DEBUXOS (3º e 4º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma, para ALBA MOURELLE COSTA do CEIP LABARTA POSE (BAIO).
  • 2º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para ALEJANDRO FERRÍO AYALA do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 1º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para MIGUEL BARRÚL IGLESIAS do CEIP VÍCTOR SÁENZ (MAZARICOS).

CATEGORÍA “A” V CONCURSO DE RELATOS (5º e 6º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría A, valorado en 50 € máis diploma, para MARINA CALO BUJEIRO do CEIP EUGENIO LÓPEZ (CEE).
  • 2º Premio da Categoría A, valorado en 75 € máis diploma, para YAGO REGUEIRA BUGLLO do CEIP LABARTA POSE (BAIO).
  • 1º Premio da Categoría A, valorado en 100 € máis diploma, para YAIZA OTERO CAAMAÑO do CEIP SANTA EULALIA (DUMBRÍA).

CATEGORÍA “B” V CONCURSO DE RELATOS (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

  • 3º Premio da Categoría B, valorado en 50 € máis diploma, para ARIDIA LEMA COSTA do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 2º Premio da Categoría B, valorado en 75 € máis diploma, para NOA LEMA RIAL do IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA (BAIO).
  • 1º Premio da Categoría B, valorado en 100 € máis diploma, para PAULA PÉREZ TRILLO do IES FERNNDO BLANCO (CEE).

DSC_0003

PREMIOS ACADÉMICOS 2016-2017

Fermosa e motiva mañá de venres (20 de outubro) a desenvolvida no salón de actos do IES Fernando Blanco, con motivo da entrega dos VI Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2016-2017, os cales están organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración da Deputación da Coruña e de varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte e Parques e Xardíns Manuel García).

Con estes Premios Académicos, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ao mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que no Capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaríase un premio extraordinario, un premio ordinario e unha mención honorífica por cada 20 alumnos/as. Ademáis, sinalábase nese mesmo Capítulo, que para poder optar a eles, era condición indispensable que os alumnos/as que o solicitasen obtiveran a calificación de sobresaínte nos exames ordinarios. Para elo, constituíase un tribunal composto de tres profesores que eran os encargados de decidir que alumnos/as eran merecedores das recompensas académicas.

Os Premios Académicos “Fernando Blanco” están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no centenario instituto ceense.

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,50 e o 9,64. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Os premiados nesta quinta edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron:

  • ANA BLANCO LAGO (3º ESO)
  • CARMEN RAMÓN fERNÁNDEZ (1º BACHARELATO)
  • ELISA LEMA GÓMEZ (1º BACHARELATO)
  • LUCAS TRILLO MARCOTE (1º CICLO MEDIO – ELECTROMECÁNICA)
  • Mª PILAR MOUZO DOMÍNGUEZ (1º CICLO SUPERIOR – ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

    Alumnado premiado VI Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2016-2017

    Alumnado premiado VI Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2016-2017

locomotora sistema crampton - copia

TESOUROS

Nesta sección denominada “Tesouros” amosamos unha selección de pezas do rico patrimonio que se conserva no Museo da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio-Instituto no 1886.
Todos os fondos teñen un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén a añoranza dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
A mellor forma de coñecelos, sen dúbida, é acercándote polo noso museo onde estaremos encantados de recibir a túa visita.

MONUMENTO

O 13 de outubro de 1973 inaugurouse, na entrada principal do IES Fernando Blanco, o monumento adicado a lembrala figura do filántropo ceense.
A iniciativa correu a cargo da Comisión Xestora Pro-Monumento a D. Fernando Blanco de Lema, presidida por D. Juan Sánchez García, e na cal participaron persoas dos distintos estamentos sociais e culturais de Cee e bisbarra.
Esta Comisión Xestora fixo chegar ao Padroado da Fundación, nese momento formado por D. José Sánchez García, D. Antonino Castro García e D. José Luís Fernández Mosquera, a súa idea, a cal recibiu o visto bo por parte do citado padroado.
Citando textualmente as palabras de D. Juan Sánchez García, o motivo que os impulsou a levar adiante esta proposta foi “erigir a D. Fernando Blanco de Lema un monumento que, a tenor de su obra trascendente, sea el exponente visible del agradecimiento, cariño y respeto por un hombre que, elevándose de la nada con tesón, supo en su momento álgido, ofrecer generosamente a su pueblo el cuantioso fruto de su trabajo, haciendo a esta villa depositaria y dueña de un legado material y cultural que la honra y valora, no sólo a nivel comarcal, sinó en todo el ámbito regional”.
Despóis dunha ardua selección de proxectos, con unánime coincidencia de criterios, resultou elixida a proposta do afamado escultor nicrariense, Andrés Barbazán Ferreira.
O conxunto monumental está constituído por un esbelto pedestal en forma de prisma cuadrangular engarzado a un tronco de cono invertido, con amplo basamento, sobre o que van colocadas dúas parellas de figuras alegóricas, esculpidas en granito gris. Sobre o pedestal, de corpo enteiro, a prócer figura de D. Fernando Blanco, en fundición de bronce, reproducción fiel do famoso cadro de Federico de Madrazo que se atopa exposto no Museo. Na parte inferior do monumento pode lerse unha placa coa inscrición: “A Don Fernando. Promotor de la enseñanza. Eterna gratitud. Octubre 1973”.
Para levar adiante esta iniciativa e as obras de acondicionamento e reestructuración da antiga entrada do Instituto, contouse con fondos logrados por pública suscrición e, coa axuda incondicional dos organismos afectos: Concello, Obras Públicas e Ministerio de Educación e Ciencia.

19 SEPIA

XARDÍN BOTÁNICO

Na actualidade, rebasado claramente o século da súa creación, con mínima documentación dispoñible para poder certificar a autoría do proxecto xardinístico (presumiblemente foi obra do arquitecto José María Aguilar, o mesmo arquitecto encargado dos dous edificios da Fundación), é de supoñer, como punto de partida, que o xardín se construíse ao finalizar a edificación do Colexio (1886), e que, polo tanto, este sexa o momento da incorporación do catálogo florístico compoñente da plantación orixinal, do que perviven algúns exemplares.
O certo é que estamos perante un espazo de pequenas dimensións e sinxela traza, de estilo ecléctico, que combina, nos seus diferentes compartimentos, a xeometría co paisaxismo, tendo a súa faceta máis reseñable na flora que alberga, caracterizada pola súa diversidade e monumentalidade.
Con fins descritivos, o xardín pode ser estructurado en dous compartimentos: xardín antigo e pradeira arborada.
O xardín antigo desenvólvese en torno ao edificio escolar, constando de partes diferentes: unha xeométrica, encaixada entre a fachada principal e a reixa de pechamento, composta de dúas metades de igual deseño e disposición simétrica, ao longo da avenida de entrada; e outra paisaxista, constituída por unha terraza e un talude, con cuberta de pradeira.
A pradeira arborada, de recente creación, consta de dúas zonas, separadas por un carreiro de paso: a superior, de menor dimensionalidade territorial e importancia florística; e a inferior, máis grande, cunha plantación vexetal multiespecífica en disposición reticulada.
Como remate, ademáis da personalidade que emana do inventario florístico, convén ter presentes os atributos que aporta o mundo da pedra, que contribúen á valoración da entidade do xardín: un edificio palaciano, construcción que actúa coma elemento ordenador; a reixa e a muralla, estructuras delimitantes; a casa do bedel, destinada ao personal de servizo e vixiancia; e as novas instalacións educativas, o caseto da caldeira da calefacción, o queimadeiro, a pérgoa-alpendre e a fonte-bebedoiro, pezas de menor dignidade fabricacional, non pertencentes ao proxecto inicial, a posterior incorporación das cales, para satisfacción de novas necesidades, produciu as conseguintes modificacións, pero que a fin de contas, forman parte do xardín actual.