DSC_0003

PREMIOS ACADÉMICOS FERNANDO BLANCO 2019-2020

IX PREMIOS ACADÉMICOS “FERNANDO BLANCO” CURSO 2019-2020

Xa se coñecen @s agraciad@s cos IX Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2019-2020, os cales están organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración de varias firmas comerciais (Xallas Electricidad y Aleaciones Xeal, Abanca, O Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L., Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).

Con estes Premios Académicos, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes do alumnado, así como, ao mesmo tempo, recuperar unha tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que no Capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaríase un premio extraordinario, un premio ordinario e unha mención honorífica por cada 20 alumnos/as. Ademais, sinalábase nese mesmo Capítulo, que para poder optar a eles, era condición indispensable que o alumnado que os solicitasen obtiveran a cualificación de sobresaínte nos exames ordinarios. Para elo, constituíase un tribunal composto de tres profesores que eran os encargados de decidir que alumn@s eran merecedor@s das recompensas académicas.

Os Premios “Fernando Blanco” están destinados a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no centenario instituto ceense.

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 9,75 e o 10. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.

As bases establecen que se entregarán 5 premios (1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior).

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase nun día por determinar do mes de outubro, e terá lugar no salón de actos do IES Fernando Blanco.

@s premiad@s desta novena edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron:

  • LAURA CERNADAS GÓMEZ (3º ESO)
  • ARI MOURE MARTÍNEZ (1º BACHARELATO)
  • DARÍO DOMÍNGUEZ DE LA FUENTE (1º C. B. ELECTRICIDADE)
  • NEREA SANTAMARÍA FARIÑA (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
  • CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ DE CASTILLEJO (1º CICLO SUPERIOR – ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)