PREMIOS ACADÉMICOS 2016-2017

índice

PREME NO PDF PARA DESCARGAR AS BASES

A Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e o Concello de Cee) e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a sexta edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao Curso 2016-2017.
Esta iniciática, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo; por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e por outro, recuperar unHa tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración de varias entidades e establecementos: Deputación da Coruña, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel – Vodafone, Roberto G. Rigaut (Mapfre), Compucee, Seguros Costa da Morte e Paques e Xardíns Manuel García.

16473380_1267558826636751_8948375293922911372_n