72535443_2674564689231361_2311248096706691072_n

O MES DA FUNDACIÓN

O MES DA FUNDACIÓN. NOVEMBRO 2019

Damos a coñecer o que será o contido da 7ª Edición do Programa Educativo-Cultural “O MES DA FUNDACIÖN. NOVEMBRO 2019”, organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema (entidade patrocinada pola Rede de Patrocinadores/as da Fundación, e cuxo Museo está patrocinado polo Concello de Cee), e que conta para a realización desta nova edición do seu programa coa inestimable colaboración da Deputación Provincial da Coruña e dos seguintes establecementos, empresas e entidades (Estación de Servizo Bazarra, Upi Cee, Administración de Lotaría Costa da Morte, CeeColor, Seguros Costa da Morte, Instalacións e Servizos Galfcar, Policlínica Dental Insua e Blanco, Fuco Corbelle, OE+ Centros Auditivos e Parroquia de Santa María da Xunqueira), os cales, un ano mais, decidíronse apoiar o traballo desenvolvido pola centenaria entidade ceense.

Este ano, con carácter excepcional, o programa desenvolverase ao longo do mes de novembro, e non no mes de outubro coma en edicións pasadas. E aínda que o mes de outubro é o mes por excelencia da Fundación (en outubro de 1796 naceu Fernando Blanco de Lema, e en outubro de 1886 inaugurouse o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema), este ano trasladaremos esa celebración ao mes de novembro, sen que por elo o programa deixe de ser igual de especial e intenso que en edicións anteriores.

Trátase dun programa consolidado no tempo e que contou coa participación de figuras de primeiro nivel nos seus respectivos campos de traballo: Cándido Pazó, Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín, Xavier Díaz, Davide Salvado, Anxo Pintos, Fernando Fraga, Marcelo Dobode, Pablo Carpintero, Xosé Neira Vilas, Jorge Mira, Miguel SanClaudio, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Carlos Spuch, Concha Blanco, María Canosa, Suso Bahamonde, etc, etc)

A estrutura do mesmo é semellante ás anteriores; un completo programa de actividades educativas para o alumnado dos centros educativos de Cee, e un interesante e completo programa de actividades culturais para o público en xeral.

O Programa desta 7ª Edición do Mes da Fundación é o seguinte:

PROGRAMA ACTOS PÚBLICO EN XERAL (Tódolos actos serán de balde) 

  • SÁBADO 9 NOVEMBRO (19 horas. Capela do I.E.S. Fernando Blanco)

OFRENDA FLORAL e MISA na honra de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA e de tódolos/as mestres/as, alumnos/as e persoal do centro, coa participación de MADRIGALIA G&M.

  • SÁBADO 9 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

“O PATRIMONIO INMATERIAL NA HISTORIA DOS NAUFRAXIOS DA COSTA DA MORTE”CONFERENCIA impartida por FERNANDO PATRICIO CORTIZO (Historiador naval e Presidente da A. C. Naufraxios Galegos).

  •  SÁBADO 16 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

“CONTAR”SESIÓN DE CONTOS a cargo de CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Narrador de contos e historias de tradición oral.

  •  SÁBADO 23 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

“VIAXE POR NOUTRURES. TÉCNICA E RECURSOS PARA DIFERENTES REPERTORIOS DE GAITA”CONCERTO COMENTADO de EDELMIRO FERNÁNDEZ PARADA. Un dos máis reputados gaiteiros de Galicia. Ganador dos Trofeos MaCallan e MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient no 1995, 1996, 1998, 2001 e  2007.

  • SÁBADO 30 NOVEMBRO (20:30 horas. Auditorio Casa da Cultura de Cee)

“CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO”. CONFERENCIA-PROXECCIÓN de XURXO MARIÑO ALFONSO (Profesor no departamento de Medicina da UDC. Especialista en Neurofisioloxía. Investigador e divulgador científico).

 PROGRAMA ACTOS PARA OS CENTROS ESCOLARES DE CEE

  •  MÉRCORES 6 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura de Cee)

 “PAKOLAS EN CONCERTO”. PACO CERDEIRA “PAKOLAS”. Cancións para rockear, para soñar e, sobre todo, para aprender. Alumnado de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens, E.E.I. Pereiriña e usuarios/as de ASPADEX.

  • XOVES 14 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura de Cee)

 “A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN”MOC MOC ESPECTÁCULOS E ANIMACIÓN.

David Merelas “MeRe Clown” presenta esta adaptación circense do clásico conto “O flautista de Hamelín”. Clown, malabares e moitas risas. Alumnado de 3º e 4º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.

  •  MÉRCORES 20 NOVEMBRO (11:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco)

“ISTO NON O VERÁS NOS MEDIOS. CONSELLOS PARA INFORMARSE ENTRE O RUÍDO”. CONFERENCIA de MANUEL REY PAN (Xornalista e redactor no portal de información científica GCiencia). Alumnado de Bacharelato. do I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco..

  • MARTES 26 NOVEMBRO (11 horas. Casa da Cultura Cee)

“CINEMA DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY”. RAQUEL QUEIZÁS. Alice Guy, a nai do cinema, guiará este espectáculo que mestura narración, teatro e cinema. Alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios de ASPADEX e usuarios/as de ASPADEX.

  • XOVES 28 NOVEMBRO (11:30 horas. I.E.S. Fernando Blanco)

“CON SUMO COIDADO”. Conferencia de MIRIAM ROMERO TRABA (Educadora social especializada en prevención de condutas aditivas. Asociación Antidroga Vieiro). Alumnado da E.S.O do I.E.S. Agra de Raíces, do I.E.S. Fernando Blanco e C.P.R. Manuel Rial.