20sepia

GABINETE FÍSICA

O Gabinete de Física constaba inicialmente de 277 aparatos, algúns deles moi novedosos na época, agrupados en 10 seccións:
-Instrumentos de Medida;
-Mecánica de Sólidos (Mecánica);
-Mecánica de Líquidos (Hidráulica);
-Mecánica de Gases (Pneumática);
-Fonoloxía (Acústica);
-Termoloxía (Calor);
-Fotometría (Óptica);
-Magnetoloxía;
-Electricidade (estática e dinámica);
-Metereoloxía.
A selección das máquinas poido moi ben deberse o gran químico compostelán José Casares Gil, que logo sería Catedrático de Técnica Física e Análise Química na Universidade de Barcelona e, sen dúbida ningunha, a máxima autoridade en España no que a técnicas instrumentais se refire. O daquela xove José Casares impartiu clase no Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee durante algo máis de tres meses, a finais do ano 1888, xusto antes da merca dos gabinetes. Hoxe en día consérvanse case 200 aparatos en moi bo estado, configurando así esta colección unha das máis valiosas xoias do patrimonio histórico-científico de Galicia.