DSC_0311

CONCURSOS 2018

ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DO V CONCURSO DE DEBUXOS E DO VI CONCURSO DE RELATOS CURTOS DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO DE CEE.

O sábado, 30 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee (museo patrocinado por FerroGlobe Grupo FerroAtlántica e polo Concello de Cee), o acto de entrega dos premios do V Concurso de Debuxos e do VI Concurso de Relatos Curtos, organizados pola entidade ceense, e que contan, un ano mais, coa colaboración da Estación de Servizo Bazarra. Os premios foron entregados polos integrantes do padroado da Fundación e por Julio César López Vázquez, Xerente da E. S. Bazarra.

Entregáronse un total de 12 premios nas dúas categorías de ambos concursos, valorados en 690 €. A temática elixida para estes concursos foi, nesta edición, os xogos populares e tradicionais.

A relación de premiados/as quedou así, tralo fallo do xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo e Secretario da Fundación, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee e Xosé Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán de Cee.

V CONCURSO DEBUXOS (CATEGORÍA A. 1º/2º PRIMARIA)

  • 1º PREMIO: Daniela Muíño Márquez. CEIP Virxe da Barca de Muxía.
  • 2º PREMIO: María Rodríguez González. CPR Manuela Rial de Cee.
  • 3º PREMIO: Irene González Marcote. CEIP Eugenio López de Cee.

V CONCURSO DEBUXOS (CATEGORÍA B. 3º/4º PRIMARIA)

  • 1º PREMIO: Luana Fondo Martínez. CEIP Labarta Pose de Baio.
  • 2º PREMIO: Uxía Iglesias Pérez. CPR Manuela Rial de Cee.
  • 3º PREMIO: Nerea Ozón Otero. CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes (Mazaricos)

VI CONCURSO RELATOS (CATEGORÍA A. 5º/6º PRIMARIA)

  • 1º PREMIO: Claudia Lema Rial. CEIP Labarta Pose de Baio.
  • 2º PREMIO: Yago Regueira Bugallo. CEIP Labarta Pose de Baio.
  • 3º PREMIO: Rubén de Ramón Ayala. CPR Manuela Rial de Cee.

VI CONCURSO RELATOS (CATEGORÍA B. ESO)

  • 1º PREMIO: Noa Lema Rial. IES Maximino Romero de Baio.
  • 2º PREMIO: Paula Pérez Trilloa. IES Fernando Blanco de Cee.
  • 3º PREMIO: Carlota Atán Ares. CPR Manuela Rial de Cee.