Arquivo da categoría: Sin categoría

PREMIOS ACADÉMICOS 2018-19

VIII EDICIÓN PREMIOS ACADÉMICOS FERNANDO BLANCO CURSO 2018-2019

Xa se coñecen os agraciados/as cos VIII Premios Académicos “Fernando Blanco” correspondentes ao curso 2018-2019, os cales están organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee.

Con estes Premios Académicos, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ao mesmo tempo, recuperar unha tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que no Capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaríase un premio extraordinario, un premio ordinario e unha mención honorífica por cada 20 alumnos/as. Ademais, sinalábase nese mesmo Capítulo, que para poder optar a eles, era condición indispensable que os alumnos/as que o solicitasen obtiveran a cualificación de sobresaínte nos exames ordinarios. Para elo, constituíase un tribunal composto de tres profesores que eran os encargados de decidir que alumnos/as eran merecedores das recompensas académicas.

Os Premios “Fernando Blanco” están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no centenario instituto ceense.

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,83 e o 9,85 De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.

As bases establecen que se entregarán 5 premios (1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior). Dado que tanto en 1º de F.P. Básica como en 3º da ESO ningún alumno/a acadou o 8,5 esixido, e de acordo coas bases reguladoras, nesta edición os 5 premios académicos “Fernando Blanco” repartíronse entre 2º da ESO (1 premio), 1º de Bacharelato (2 premios) e 1º de Ciclo Medio (1 premio) e 1º de Ciclo Superior (1 premio).

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o venres 18 de outubro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco.

Curiosamente, este ano o acto de entrega coincidirá co 223 aniversario do nacemento de Fernando Blanco de Lema, feito acontecido o 18 de outubro de 1796 en Cee.

Os/As premiados/s nesta octava edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron:

  • LAURA CERNADAS GÓMEZ (2º ESO)
  • BRAIS VELAY VÁZQUEZ (1º BACHARELATO)
  • XABIER LARRAÑAGA LEDO (1º BACHARELATO)
  • CONSTANTINA CASAIS CARAMÉS (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
  • ALEJANDRA JUDITH COS RODRÍGUEZ (1º CICLO SUPERIOR – ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varias entidades e establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con estes Premios Académicos. En concreto estes establecementos colaboradores son:

  • Estación de Servizo Bazarra
  • Ler Librerías
  • Fersi Papelería
  • Aurora Sport
  • Cabo Sport
  • Centro Comercial Finis Terrae
  • O Semáforo de Fisterra
  • Roberto G. Rigaut (Mapfre)
  • Seguros Costa da Morte
  • CompuCee
  • Parques e Xardíns Manuel García
  • Inforneria

Podes consultalas bases completas no seguinte enlace:

 BASES PREMIOS ACADÉMICOS FERNANDO BLANCO CURSO 2018-19

O MES DA FUNDACIÓN

interior dipticoOUTUBRO sempre será un mes especial para a Fundación Fernando Blanco de Cee.
Nun mes de outubro de 1796 naceu Fernando Blanco de Lema, un ceense emigrado con 13 anos que nunca esquecería a súa vila natal.
E un mes de outubro de 90 anos mais tarde deste nacemento (1886) inaugurouse o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco (actual IES Fernando Blanco), pedra angular na que se asentou o desenvolvemento educativo e cultural da nosa vila e da contorna.
É por iso, que dende fai 6 anos celebramos este mes cun completo programa de actividades educativas para o alumnado dos centros educativos de Cee, e cun interesante programa de actividades culturais para o público en xeral.

PROGRAMA EDUCATIVO-CULTURAL O MES DA FUNDACIÓN. OUTUBRO 2018

PROGRAMA ACTOS PÚBLICO EN XERAL (Tódolos actos serán de balde)

  • SÁBADO 6 OUTUBRO (20:30 HORAS. CASA CULTURA CEE) – “MATRIOSKAS”. Espectáculo a dúas voces, onde a contadora MARTA ORTIZ e a cantautora SOFÍA ESPIÑEIRA xuntan verbas e música. Dúas mulleres contando e cantando sobre mulleres.
  • SÁBADO 13 OUTUBRO (20:30 HORAS. CASA CULTURA CEE). “MÚSICAS DE AQUÍ E DACOLÁ”. CONCERTO COMENTADO de MARCELO DOBODE. Músico de raíz que elabora e reelabora o folclore actual.
  • SÁBADO 20 OUTUBRO (19 HORAS. I.E.S. FERNANDO BLANCO). OFRENDA FLORAL e MISA na honra de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA e de tódolos mestres/as, alumnos/as e persoal do centro, coa participación da CORAL DO CENTRO SOCIAL DE CEE.
  • SÁBADO 20 OUTUBRO (20:30 HORAS. CASA CULTURA CEE). “OS INOCENTES”. MONÓLOGO de QUICO CADAVAL. Monólogo onde se relatan as historias de tres persoas que viviron a Guerra Civil Española e que nunca foron contadas.
  • SÁBADO 27 OUTUBRO (20:30 HORAS. CASA CULTURA CEE). “MÚSICAS DA LUSOFONÍA”. CONCERTO de FALUA. Grupo composto por SARA DE SOUSA e GONZALO GOÁS AMADO, que integra no seu repetorio un percorrido polos sons da lusofonía, con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras.

PROGRAMA ACTOS CENTROS ESCOLARES DE CEE

  • MARTES 9 OUTUBRO (11 HORAS. CASA CULTURA CEE). “O RITMO DO CAMIÑO”. A TROPA DE TRAPO. A historia de amizade entre un rapaz do Congo e unha rapaza galega. Alumnos/as de 3º e 4º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.
  • MARTES 16 OUTUBRO (11:30 HORAS. I.E.S. FERNANDO BLANCO). “ESTÁS SEGURO DO QUE VES?”. CONFERENCIA de CASTO RIVADULLA (Doutor en Bioloxía e Profesor de Fisioloxía na UDC. Investigador no Grupo de Neurociencia e Control Motor – NEUROcom). Alumnos/as de Bacharelato do I.E.S. Agra de Raíces e do I.E.S. Fernando Blanco.
  • MÉRCORES 17 OUTUBRO (11 HORAS. CASA CULTURA CEE). “CONTO PARA ESCOITAR MENTRAS BAILAMOS UN VALS”. CAXOTO CONTACONTOS. Conto musical para descubrir a esencia da música. Alumnos/as de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial, C.E.I.P. A Igrexa de Brens, E.E.I. Pereiriña e usuarios/as de ASPADEX.
  • MARTES 23 OUTUBRO (11 HORAS. CASA CULTURA CEE). “O ECO DAS PEDRAS”. RAQUEL QUEIZÁS. Espectáculo de narración oral sobre o valor do noso patrimonio cultural. Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e usuarios/as de ASPADEX.
  • XOVES 25 OUTUBRO (11:30 HORAS. I.E.S. FERNANDO BLANCO). “O PODER DOS ALIMENTOS”. CONFERENCIA de SABELA OCA (Xefa de Calidade e Innovación de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN) e ALEXANDRA BELLO (Técnica de Innovación de Cooperativas Lácteas Unidas CLUN). Alumnos/as da E.S.O. do C.P.R. Manuela Rial, I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco.